Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTOS. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de junio de 2018

AARÓN E A SÚA PARRULA

Aarón acompañado pola súa mamá, compartiu con nós a súa parrula. Estaba coma case todas as mascotas, moi asustada, pero coa axuda da súa mamá conseguimos acariciala todos.
Está claro que os animais gústannos un montón a case todos.
E aquí remata o noso proxecto dos animais, por este curso.
Unha experiencia fabulosa !!!!



martes, 5 de junio de 2018

DANIELA E A TARTARUGA LINDA

Hoxe Daniela a a súa mamá, truxéronnos ao cole unha tartaruga, que vive na casa dos seus avós.
Pareceunos preciosa, aínda que estaba un pouco asustada... 
pasamos un rato xenial, observándoa e tocándoa.
Somentes tedes que mirar esta presentación, e xa ides  decatarvos do ben que o pasamos!!!!!!!



domingo, 27 de mayo de 2018

MANU E PERLA

Hoxe foi Manu e a súa mamá,
 os que nos presentaron a súa gata Perla.
É unha gata moi curiosa ...
Darédevos conta, cando miredes e escoitedes esta presentación.



martes, 22 de mayo de 2018

BAUTIZO FLUVIAL NO MIÑO


Hoxe fixemos unha excursión chulísima,
 fomos á Marina (en Tui), para visitar o barco militar Cabo Fradera,
 mentras esperábamos o noso turno para subir ao barco, estivemos no parque, logo preparámonos con chalecos salvavidas.

Unha vez no barco e  dun xeito moi ordenado, fóronnos ensinando por grupos, o que eles chaman a ponte do barco (a cabina) e todo o que hai alí, unha ametralladora .... 
 aprendemos un montón de cousas.

 Logo tivo o lugar o bautizo fluvial, porque era a primeira vez que subiamos no barco e para rematar tivo lugar a entrega de diplomas.

E como non podía ser doutra forma,
 repuxemos forzas cunha boa merenda e
 un tempo de lecer no parque.

Pasámolo xenial   !!!!!!    e disfrutamos dunha vistas extraordinarias !!!!!!
Querémolo compartir con vós 
para que o disfrutedes tanto coma nós.









jueves, 10 de mayo de 2018

LARA E A SÚA CADELA KIARA

Este trimestre estamos traballando sobre  os animais vertebrados 
e que mellor que poder estudialos en vivo.
Estos días foi Lara, 
quen nos presentou a súa cadela Kiara.
Contounos algunha información,
pero o que máis nos gustou foi poder tocala,
e darlle moitos  mimos.
Clicade na foto para informarvos máis.


jueves, 3 de mayo de 2018

VISITANDO O MERCADO DE TUI

O alumnado de 1º e 2º queremos montar un horto no noso cole e hoxe fomos a praza de abastos de Tui a mercar a planta das hortalizas que queremos plantar. Fomos ao posto do papá de Ana e regalounos un montón de plantas.
Tamén visitamos a praza e o mellor de todo ....

Tomar uns churros riquísimos!!!!!!


miércoles, 6 de diciembre de 2017

MES DA CIENCIA

Conferencia: "As escolas de cando vivían en branco e negro".

O 30 de novembro a nosa clase de 2º, realizou unha conferencia para todo o cole sobre o proxecto:
 "As escolas de cando vivían en branco e negro".

Investigamos nas nosas familias e recollimos moita información grazas ao que nos contaron  os nosos avós e avoas, algúns deles viñeron ao noso cole, lembrando como era a escola do pasado e como era o noso cole hai máis de 50 anos.
Tamén visitamos o Museo Verbum e Liste en Vigo, que nos axudou a completar a información.

Se vós tamén queredes saber como era o cole daquela época e descubrir o moito que melloramos, somentes tedes que clicar nesta foto.









lunes, 4 de diciembre de 2017

RETORNANDO AO PASADO

Quixemos saber como serían
 a nosas fotos escolares no pasado.