lunes, 1 de noviembre de 2021

SAMAÍN 2021

 Este curso poidemos celebrar  o Samaín ,  dun xeito case normal... 

 Fixemos un obradoiro de manualidades creando o noso propio monstro, mandalas terroríficas e unha momia-posavelas para espantar os "malos espíritus" destes días...

Con cumple de Álvaro incluídO, despois de merendar, xuntámonos cos compañeirxs de 1º, que escoitaron as historias de medo que preparamos ao longo da semana. 

Xogamos a Donde está o seu óso Señor Esqueleto? e a cabaza quente.

Bailamos e para rematar miramos a peli de 


A Bruxa regañadentes.

Un Samaín fantástico!!!


domingo, 17 de octubre de 2021

EXCURSION AO MONTE ALOIA

O venres fixemos unha excursión moi interesante ao Monte Aloia e ao seu Centro de Interpretación.
Aprendimos os  nomes dalgunhas  árbores e coa lupa poidemos descubrir que había nalgunha planta.... 
Mentras os compañeir@s de 1º, estaban no centro nós tamén obervamos o entorno e fixemos un debuxo da poza. 

 

Natalia que foi a nosa guía ensinounos moitas cousas que podemos atopar no Monte Aloia  e explicounos como esta influíndo o cambio climático na natureza do Aloia. Tamén fixemos un anaco da senda botánica.

 

O monte estaba precioso e disfrutamos
moito desta experiencia!!!! 

                                                        Podédelo comprobar neste video!!!!! 


 

martes, 28 de septiembre de 2021

Este curso na materia de Naturais comenzamos cun proxecto sobre
 o corpo humano.
O primeiro que estivemos investigando foi  información 
sobre os nosos nomes.
Descubrimos algunhas curiosidades
que si queredes saber , 
na foto teredes que clicar.






 

viernes, 26 de marzo de 2021

A BÚSQUEDA DOS OVOS DE CHOCOLATE POR TUI

 
Para rematar este segundo trimestre o alumnado de 1º e 2º de Primaria, fixo un percorrido por Tui, onde tiñamos que atopar as plantas, árbores e monumentos que cada equipo levaba na foto do seu colgante. Unha vez que os localizamos líamos  a información e o mellor de todo foi buscar os ovos de chocolate que estaban agochados pola zona de cada equipo.

Tamén gozamos do Parque do Penedo e dunha merecida merenda e por último botámoslle de comer aos parrulos da Marina. 

Unha excursión moi completa!!!!



jueves, 4 de marzo de 2021

OBRADOIRO DE COMPOSTAXE

 Esta semana participamos nun Obradoiro sobre compostaxe, lembramos a que contenedor ten o que ir o lixo e como  facer compostaxe.

O alumnado de 1º e 2º de primaria, trouxemos da casa restos orgánicos que xunto cos que recollimos na clase, fixemos crecer o composteiro do noso cole e descubrimos como se van transformando en abono.

Esta experiencia tan interesante querémola compartir con vós, 

so tedes que clicar na foto.



miércoles, 13 de enero de 2021

UN ANTES E UN DESPOIS DA COVID-19

A conferencia deste curso trata dun tema que nos ocupou e preocupou en gran parte do 2019 e que non sabemos canto tempo do 2021... a tan sonada pandemia da Covid-19.

O alumnado de 1º e 2º analizamos os cambios que supuxo o coronavirus nos distintos ámbitos da nosa vida, que non foron poucos e que por certo...

desexamos non tardar en volver a normalidade!!!!!


Clicade na foto para ver e escoitar a nosa conferencia!!!!




viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA DO CURSO 2019/20


Hoxe damos por rematado o curso 2019/20,
lembraremos sempre este curso polas circunstancias tan especiais que aconteceron, pero tamén polos momentazos que  vivimos e disfrutamos tanto  no noso cole.

En colaboración coa profe Diana, 
deixamosvos esta canción para aprender os meses do ano 
e sobre todo para revivir días especiais que compartimos
 en  2º de primaria,

BOAS VACACIÓNS PARA TOD@S !!!!!!